O realizador Sam Raimi será o encargado de producir a adaptación ao cinema de Shrine, a novela de terror do escritor inglés James Herbert, para a Screen Gems.
A história vai sobre un xornalista caído en desgraza que tenta resucitar a súa carreira descobrindo unha aparente série de miragres divinos nunha pequena vila de Nova Inglaterra. Pero alí atopará que os que semellaban ser miragres teñen unha orixe moito mais sinistra. A novela explora temas coma o éxtase relixioso, a histéria de masas, a posesión diabólica, a sanación pola fe e mais o catolicismo.
O veterán guionista Evan Spiliotopoulos (Beauty and the Beast) será quen escriba e dirixa o filme, que producirán Raimi e mais Rob Tapert.