Nova versión de Cruella de Vil

87

Craig Gillespie (The Finest Hours) será probábelmente o director de Cruella, a versión con acción real do clásico da Disney Pictures 101 Dalmatians de 1961.

Emma Stone está dende hai tempo vencellada ao papel protagonista, Cruella de Vil, unha muller que cobiza as peles dos cans que precisa para obtér o abrigo perfecto. Jez Butterworth escribiu o guión e Marc Platt, Andrew Gunn e Kristin Burr son os produtores. En 1986 xa se realizara un filme (protagonizado por Glenn Close) con estes noxentos cans.

O co-creador de Mozart in the Jungle, Alex Timbers, foi nun primeiro intre o elixido para dirixir, pero tivo que abandoar o proxecto porque a Disney quere comezar a produción antes do que se agardaba, así que a pre-produción dará comezo decontado e a rodaxe arrincará o ano que ven.

Timbers está ocupado coas versións no teatro de Beetlejuice e Moulin Rouge até o vindeiro mes de xullo, o que o deixa fóra da lista. Gillespie, que está a desenvolver o remake de Thelma, conta cun óco na súa axenda de traballo e a Disney espera poder confirma-lo axiña.