Polly Walker úne-se á série de Alfred

74

A actriz nominada ao Globo de Ouro Polly Walker (Rome) ven de se facer cun posto no reparto da vindeira precuela de Batman, Pennyworth, da Epix.

A história vai sobre o millor amigo de Batman, que non é Robin, senón o lendário mordomo de Bruce Wayne, Alfred Pennyworth, cando tiña vintetantos anos. Alfred é un ex-soldado das forzas de elite inglesas SAS, traballará logo para unha empresa de seguridade e finalmente porá-se ás ordes do xoven millonário Thomas Wayne no Londres dos anos 60.

Walker interpretará a Peggy Sykes, a irmá do principal inimigo de Alfred, Bet Sykes, que ademais de ser unha das mais ocupadas e exitosas dominatrices de Lancashire, é estremadamente leal á súa família, conta con moitos recursos e vive dacordo ao seu estraño pero rigoroso código moral.

A série, que contará con dez episódios dunha hora de duración, está a se producir nos estudos da Warner Bros. en Leavesden, no sur-leste de Inglaterra. Bruno Heller e Danny Cannon (Gotham) son os produtores executivos.