A Syfy planea revivir Night Gallery

1417

A canle Syfy ven de lle dar a luz verde ao proxecto de recuperar a emblemática série antolóxica de ciéncia-ficción de Rod Serling dos anos 70 Night Gallery e xa nomeou ao showrunner de Teen Wolf, Jeff Davis, coma produtor executivo.

A série orixinal foi a continuación da non menos famosa série antolóxica The Twilight Zone, pero enfocada menos no terror e mais en temas de ciéncia-ficción. A versión moderna será mais próxima a Black Mirror, con narracións sinistras e rebiricadas sobre a era dixital.

No programa dos anos 70, Serling guiaba aos espectadores por unha galería, presentando cadros ou esculturas que tiñan unha relación coas histórias macabras que logo se verían na pantalla. O mesmísimo Steven Spielberg fixo o seu debut coma director nun deses episódios.

Davis e mais David Janollari (Midnight, Texas) serán os produtores executivos, mentres que a Universal Television e a Universal Cable Productions producirán este regreso.

O servizo de transmisión de datos CBS All Access está pola súa banda a desenvolver outro regreso, neste caso o de The Twilight Zone.