Steve Buscemi é Deus

76

A TBS ven de lanzar o primeiro tráiler da súa nova série de comédia, Miracle Workers, que protagonizan Steve Buscemi no papel de Deus e Daniel Radcliffe coma un anxo axudante.

Creada por Simon Rich, a comédia está ambientada nas oficinas de Heaven Inc. (Ceo, Sociedade Anónima). Cando Deus planea destruír a Terra, dous anxos de baixa graduación deberán convencer ao seu xefe de que salve á humanidade, e apostan con el a que faga un miragre totalmente imposíbel: axudar a dous humáns a se namoraren.

Geraldine Viswanathan, Karan Soni e Jon Bass son os coprotagonistas da série, que se estreará o vindeiro 12 de febreiro.