O relanzamento de Resident Evil

776

O director de 47 Meters Down e Strangers: Prey at Night, Johannes Roberts, ven de ser contratado pola Constantin Film para que se encargue do relanzamento dunha saga de filmes moito mais terroríficos que os seus dous anteriores: a franquía de Resident Evil.

O proxecto conta coa prioridade da Constantin dende maio de 2017, cando se anunciou o relanzamento. A nova versión tentará levar á série cara a un tón moito mais próximo ao do xogo que apareceu o ano pasado, Resident Evil VII, que vencellaba de novo a saga coas suas orixes mais terroríficas.

O relanzamento ten previsto comezar a produción en 2019 cun reparto totalmente novo. Os seis anteriores filmes da franquía, protagonizados por Milla Jovovich, recadaron no seu conxunto un total de 1.200 millóns de dólares en todo o mundo.