Os monólogos da neveira

86

A Amazon Studios e mais a directora de Whip It, Shauna Cross, desenvolverán Deadtown, unha adaptación á pequena pantalla da novela de superheroes de 2017 The Refrigerator Monologues.

Catherynne M. Valente escribiu o libro orixinal, que vai sobre cinco mulleres recentemente mortas que se atopan nun lugar do Purgatório chamado Deadtown, e alí decátan-se de que todas as súas mortes foron para o servizo dos superheroes masculinos nas súas vidas.

Noutras palabras, as súas histórias foron “refrixeradas” ou conxeladas após de serviren coma trasfondo emocional para os homes. E mentres se contan as súas histórias as unhas ás outras, descobren os seus poderes interiores e deciden retomar as súas narracións e escribi-las pola súa conta.

A Entertainment One, a Grey Matter Entertainment e mais a Amazon Studios producirán esta série.