Plastic Man, o seguinte heroe no cinema

75

A guionista e actriz Amanda Idoko ven de ser contratada para que escriba o guión de Plastic Man, unha longametraxe que misturará a comédia coas aventuras baseada no superheroe da DC Comics, para a Warner Bros. Pictures.

A história irá sobre Patrick “Eel” O’Brian, un criminoso que se volve bó despois de formar parte dunha banda, e que durante un atraco que sae mal resulta ferido e é enchoupado cun líquido químico.

Abandoado e deixado por morto polo seu grupo, esperta e descobre que posúe o poder de moldear o seu corpo a calquera forma e estira-lo coma desexe, converténdo-se no home mais maleábel do mundo. O’Brian decide reformar-se e converter-se nun oficial de policía.

O persoaxe, ún dos mais absurdos e cómicos da DC Comics, contou cunha série de debuxos animados de seu entre 1979 e 1981. Polo de agora non hai director vencellado e se agarda que o tón do filme continúe co xeito escachado e un pouco parvo do persoaxe. Bob Shaye será o produtor executivo.