Crise en Terras Infinitas, na tele

97

A canle de televisión The CW ven de anunciar que a emblemática série de cómics Crisis On Infinite Earths será o seu novo arco narrativo para o crossover de séries de televisión da DC no vindeiro outono de 2019.

O argumento de Crise en Terras Infinitas, anunciado esta noite despois de rematar co crossover deste ano, non resultará estraño para os espectadores de The Flash, acostumados aos múltiples universos entre os que se moven os seus protagonistas e mais os seus habituais falcatruáns.

A saga orixinal foi unha série limitada de 12 cómics, publicada en 1985 pola DC, con guión de Marv Wolfman e debuxos de George Pérez, Dick Giordano e Jerry Ordway. Foi o primeiro grande crossover do xénero de superheroes, que incluiu a case todos os persoaxes que a DC tiña daquela no seu catálogo, reorganizou as súas histórias e cambiou as vidas de moitos deles. Ainda hoxe na DC se fala dos persoaxes “pre-Crise” e “post-Crise”.

Após do anúncio, Stephen Amell (Arrow) compartiu o logo oficial nas súas contas de médios sociais. Ainda que non está confirmado, agárda-se que as catro séries da canle (Arrow, The Flash, Supergirl e Legends of Tomorrow) participen no crossover. E a esas catro séries podería mesmo engadir-se Batwoman se recibe a luz verde da cadea de televisión ao longo de 2019.