Teremos secuela do Doutor Strange

83

Seica sen moito rebúmbio Scott Derrickson ven de rematar un acordo para dirixir a secuela do seu filme de 2016 Doctor Strange para a Marvel Studios.

Derrickson dirixiu e co-escribiu o primeiro filme, e agora está a procurar un guionista que escriba o libreto da segunda parte. Ainda é moi cedo para saber se o co-guionista da película orixinal, Robert Cargill, regresará nesta secuela.

Quen si que estará de volta será Benedict Cumberbatch no papel de Stephen Strange, o cirurxán reconvertido en mestre das artes místicas, así coma Benedict Wong, que é a súa man dereita, Wong. Rachael McAdams, que foi a moza de Stephen Strange no filme de 2016, regresará tamén probábelmente.

Polo de agora a Marvel está a facer os plans de axustar este filme no seu calendário. A rodaxe podería levar-se a cabo ao longo de 2020 e a estrea para primeiros de 2021. A primeira entrega recadou case 680 millóns de dólares en todo o mundo.