Ultraman, en vivo e en directo

83

O famoso superheroe xaponés Ultraman contará cunha adaptación americana á tele nunha série con acción real que producirá a Starlight Runner Entertainment.

A Tsuburaya Productions, os estudos responsábeis da franquía orixinal, contrataron a Jeff Gomez para que desenvolva o persoaxe e o adapte á audiéncia americana en todo tipo de plataformas, incluindo por suposto a televisión.

A franquía deu comezo en 1966 e durante este tempo xerou 34 programas, nove especiais, trinta películas e mais de 50 apricións en videoxogos. A série de Ultraman ainda segue a xerar no Xapón mais de 50 millóns de euros en benefícios só grazas aos xoguetes e á mercadoría asociada. A compañía de Gomez xa traballou noutras adaptacións de éxito coma as de Pirates of the Caribbean, Men in Black e Avatar.

A Netflix pola súa banda ten previsto emitir a partir de abril de 2019 unha série de debuxos animados baseada na mesma franquía.