Joel McHale é Starman

85

O protagonista da série cómica Community Joel McHale, a quen puidemos ver recentemente no show de seu na Netflix, interpretará a Sylvester Pemberton, tamén coñecido coma Starman, na vindeira série do Universo DC Stargirl.

Starman é un superheroe valente e confiado, membro da Sociedade da Xustiza de América, e portador dunha misteriosa arma antigravitatória chamada “o bastón cósmico”. O seu compañeiro de sempre é o pai adoptivo de Courtney Whitmore, Pat Dugan.

A série Stargirl narrará as aventuras de Courtney Whitmore (a quen interpreta Brec Bessinger), unha rapaza estudante nun instituto de Los Angeles que se muda a Nebraska e descobre o bastón cósmico, converténdo-se nunha nova inspiración para toda unha nova xeración de superheroes.

Anjelika Washington e Giancarlo Esposito son os outros protagonistas desta série, que conta con Geoff Johns e mais Greg Berlanti coma produtores executivos. Ten prevista a súa estrea para finais de 2019.