A nova Battlestar Galactica xa ten guionista

60

O guionista Jay Basu, responsábel de The Girl in the Spider’s Web e do vindeiro relanzamento de Charlie’s Angels, será o novo encargado de escribir a nova versión para o cinema de Battlestar Galactica para a Universal Pictures.

A série orixinal emitida entre 1978 e 1979 ía sobre as aventuras dunha frota de viaxeiros espaciais e estaba ambientada dentro de moitos séculos no futuro. Ao remate dun conflito que durou milénios contra unha raza de robots coñecida coma os Cilóns, a derradeira nave supervivinte, a Galactica, lidera un convoi de centos de naves humáns que buscan un planeta mítico chamado Terra.

Nombergantes, a franquía é hoxe moito mais coñecida grazas ao relanzamento que fixo o produtor de Star Trek: Deep Space Nine Ronald D. Moore na canle SyFy hai quince anos, que obtivo un grande éxito de crítica e público e que continúa a ser unha das millores séries de ciéncia-ficción de todos os tempos. Porén a nova película estará baseada na versión clásica dos anos 70.

Basu toma o control do guión despois de que o primeiro borrador de Lisa Joy non convencese de todo aos estudos. Francis Lawrence (The Hunger Games: Catching Fire) será o director e Dylan Clark o produtor.