Despois da grande absorción deste ano na que a Disney mercou á Fox, as grandes preguntas para os fans continúan abertas. As propriedades da Marvel nas mans da Fox (a Patrulla X e mais os Catro Fantásticos) pasarán ao control da Disney e da Marvel Studios sen dúbida, pero o que pode sinificar iso exactamente no Universo cinemático da Marvel?
O presidente da Marvel Studios, Kevin Feige, comentou nunha recente entrevista que a súa compañía non quere apurar-se neste punto:
“Dixéron-nos que semella moi ben e que podería acontecer nos primeiros seis meses do ano que ven. A noción dos persoaxes volvendo a casa é xenial. É bonito cando unha empresa que creou a todos eses persoaxes pode ter acceso a todos eses persoaxes. O raro é o contrário. Pero en termos de se estamos realmente pensando nelo e planeando cousas, aínda non comezamos“.
Feige tamén tivo algunhas palabras sobre o recente pasamento de Stan Lee e ofreceu un comentário:
“Eu estiven presente non para todos pero para case todos os cameos que fixo dende os X-Men. Era moi especial. Nunca oín ningunha história de ninguén que coñecera a Stan e que non estivera entusiasmado coa emoción. El nunca decepcionaba. Dalgún xeito, eu coidaba que este día nunca chegaría. Kirk Douglas ven de cumprir 102 anos. Eu coidaba que Stan ía estar aí. E do mesmo xeito semella coma se non marchara. A súa influéncia nunca nos abandoará“.
A aparición mais recente de Lee nas pantallas foi o seu cameo en Spider-Man: Into the Spider-Verse e o co-guionista dese filme, Rodney Rothman, dixo que se rodaron moitas versións da escena de Stan Lee con diferentes tóns, e que ao final deixaron “a versión coas frases que tiñan mais sinificado para el“.