Batwoman terá episódio piloto

153

A canle The CW deu a orde de facer o episódio piloto para a nova série de Batwoman que protagonizará a actriz de Orange Is the New Black Ruby Rose.

A versión mais recente de Batwoman é Kate Kane, unha loitadora lesbiana altamente adestrada que non ten problemas á hora de dicir o que pensa. Decediu-se a loitar contra o crime en Gotham ao ver a súa cidade controlada polos delincuentes, ainda que antes que nada Kane deberá loitar contra os seus próprios demos se quere poder salvar á cidade.

Rose fixo o seu debut neste papel o mes pasado no decurso dos episódios crossover da DC. A guionista de Vampire Diaries Caroline Dries escribiu a história para eses episódios e escribirá ademais o piloto da nova série, mentres ca David Nutter será o director e Greg Berlanti o produtor executivo.