A Sony Pictures ven de lle dar oficialmente a luz verde á secuela de Venom con Kelly Marcel, un dos guionistas da primeira entrega, tamén a cargo deste segunda parte.
O acordo con Marcel seica suporá-lle a Marcel un salientábel aumento de soldo e ademáis pasará a ser o produtor executivo. O filme contará unha vez mais con Tom Hardy no papel protagonista de Eddie Brock, o fotógrafo controlado por un álien simbionte.
Agárda-se que Michelle Williams regrese asemade ao papel de Hardy, así coma Woody Harrelson coma o vilán Carnage, pero polo de agora non hai ningún direcor responsábel. O director do primeiro filme, Reuben Fleischer, podería non regresar porque nestes intres está abondo ocupado coa secuela de Zombieland, o que lle levará a maior parte deste ano.
Mália as críticas negativas por parte da prensa, a primeira parte recadou 855 millóns de dólares en todo o mundo, e os estudos queren agora que a segunda se estree en outubro de 2020. Avi Arad, Matt Tolmach e Amy Pascal volven coma produtores.