A Netflix ven de anunciar que os directores David Fincher e Tim Miller unirán as súas forzas para facer unha nova série antolóxica de debuxos animados que levará por título Love, Death & Robots.
Composta por dezaoito curtas, a série estará enfocada a un público adulto e tratará moitos xéneros, dende a ciéncia-ficción até a comédia, a fantasía e mais o terror. Entre os persoaxaes haberá produtos lácteos vivintes, soldados lobishome e robots tolos. Os estilos de animación irán dende o tradicional en 2D até o xerado por computador fotorealista, con distintas equipas encargadas por todo o mundo.
Miller xa acadou unha nominación aos Oscar coa súa curta Gopher Broke en 2004. E Miller e Fincher traballaron xuntos anteriormente nos créditos iniciais do filme de 2011 de Fincher The Girl with the Dragon Tattoo.
Fincher comezará a produción da secuela de World War Z en xuño e Miller pola súa banda ven de rematar a produción do relanzamento de Terminator no pasado ems de novembro e ten penden a dirección dunha versión de Neuromancer para a Fox.