SJ Clarkson dirixirá o piloto do novo Xogo de Tronos

783

A directora SJ Clarkson (Jessica Jones) será a encargada de dirixir e producir o episódio piloto da vindeira precuela de Game of Thrones para a HBO a partir dun guión orixinal de Jane Goldman e George R.R. Martin.

Ademais, Naomi Ackie (Lady MacBeth), Denise Gough (Colette), Jamie Campbell Bower (The Twilight Saga), Sheila Atim (Harlots), Ivanno Jeremiah (Humans), Georgie Henley (The Chronicles of Narnia), Alex Sharp (How To Talk To Girls At Parties) e mais Toby Regbo (Reign) unirán-se ao xa anunciados Naomi Watts e Josh Whitehouse coma protagonistas habituais da série.

A precuela, aínda sen título, foi creada por Goldman e Martin, e ten lugar miles de anos antes dos acontecementos de Game of Thrones e narra o descenso do mundo dende a Idade Dourada dos Heroes até os intres mais escuros. Só unha cousa é segura: dende a horríbel história dos segredos de Westeros á auténtica orixe dos Camiñantes Brancos e aos mistérios da lenda dos Stark… non é a história que coidamos que coñecemos.

Goldman será a showrunner e produtora executiva xunto a Martin, Vince Gerardis, Daniel Zelman, Clarkson, James Farrell e Jim Danger Gray.