A Bruxa Escarlata comparte guionista coa Capitana Marvel

219

Jac Schaeffer, a guionista dos filmes Captain Marvel e Black Widow (este aínda en proxecto), será a showrunner da série de televisión Vision and Scarlet Witch que a nova canle Disney+ comezará a emitir este ano.

Schaeffer, responsábel asemade da detestada curta Olaf’s Frozen Adventure, escribirá o guión do episódio piloto e será a produtora executiva da série, que contará con actores reais e narrará as aventuras de Paul Bettany (Vision) e Elizabeth Olsen (a Bruxa Escarlata), persoaxes que debutaron na pantalla grande no filme Avengers: Age of Ultron e comezaron un romance que dura alomenos até a película do ano pasado Avengers: Infinity War pero que no mundo do cómic é xa un clásico.

O novo servizo de transmisión de datos Disney+ está ademais a desenvolver unha série baseada en Loki que protagonizará Tom Hiddleston, e outra baseada nos persoaxes Winter Soldier e Falcon, que xa conta con Sebastian Stan e Anthony Mackie para os papeis dos respectivos superheroes. O servizo en todo caso non entrará en funcionamento até finais deste ano.