He-Man estrea guionistas

793

Os guionistas de Iron Man e Men in Black International Art Marcum e Matt Holloway serán os encargados de escribir a história do relanzamento de Master of Universe para a Sony Pictures e mais a Mattel Films.

Adam e Aaron Nee (Band of Robbers) están ainda vencellados ao proxecto coma directores deste filme baseado no popular xoguete da Mattel, que se fixo famoso grazas á série de televisión de debuxos animados dos anos 80.

A história en todo caso vai sobre o príncipe Adam, quen ten o poder de se transformar nun guerreiro superheroico chamado He-Man. Coma He-Man, Adam convérte-se na derradeira esperanza do máxico mundo de Eternia, destruído pola tecnoloxía e polo malvado Skeletor.

Os novos guionistas sustitúen a David Goyer, que escribiu un primeiro boceto e fica ainda no proxecto coma produtor executivo. DeVon Franklin, Todd Black, Jason Blumenthal e Steve Tisch serán os produtores.