O dúo responsábel da secuela de Saw, Patrick Melton e Marcus Dunstan, escribirá o guión do relanzamento da franquía de Final Destination para a New Line.
O primeiro filme en 2000 sentou a premisa dun persoaxe que ten unha premonición dun acontecemento mortal, polo que pode evitar a súa própia morte e mais a dos seus amigos cando ese feito acontece. Nombergantes, a Morte, unha forza invisíbel e imparábel, comeza a perseguir aos supervivintes ún por ún, facéndo-lles caer en accidentes cada vez mais e mais rebiricados.
As cinco entregas da saga, que pasaron por intres entre terroríficos e cómicos, recadaron no seu conxunto case 700 millóns de dólares cuns orzamentos de partida mais ben escasos. Este relanzamento foi tildado coma unha nova versión, pero polo de agora o argumento non se deu a coñecer.