Peter Sollett fai-se cargo de Minecraft

687

Peter Sollett é o elixido para escribir e dirixir a longamente agardada adaptación ao cinema da popular franquía de videoxogos Minecraft para a Warner Bros. Pictures.

A história, baseada no emblemático xogo da Microsoft, seica irá sobre unha adolescente e mais o seu grupo de amigos, quen deben salvar Overworld, o seu mundo de blocos, da destrución causada polo malvado dragón Ender.

A Mojang, a compañía dinamarquesa que lanzou orixinalmente o xogo antes de se converter en filial da Microsoft, producirá o filme xunto a Roy Lee e Jon Berg. Ao longo dos últimos anos foron moitos os nomes que soaron para dirixir esta adaptación, entre outros os de Shawn Levy e Rob McElhenney.