Quantum Of Solace

619

Quantum of SolaceO título do vindeiro filme de James Bond será Quantum of Solace (algo así coma Anaco de consolo), segundo veñen de anunciar os produtores nunha rolda de prensa celebrada o día 24 nos Estudos Pinewood ás afóras de Londres, onde está a se rodar a película.

Daniel Craig regresará no papel de 007. A 22ª entrega desta venerábel saga é a continuación do filme de 2006 Casino Royale e retomará os acontecementos onde ficaron na anterior parte, con James Bond considerando a vinganza após da traizón do seu amor, Vesper Lynd.

A rodaxe escomezou nos estudos Pinewood a primeiros deste mes. Após de Londres, a rodaxe continuará en Áustria, Itália e Panamá. Judi Dench regresa no papel da xefa do MI-6, M, e Mathieu Amalric (Le scaphandre et le papillon) interpreta ao vilán de turno. No reparto está incluida ademáis a actriz ucraína Olga Kurylenko no papel da misteriosa “rapaza Bond” Camille.

Quantum of Solace ten prevista a súa estrea en Inglaterra e nos Estados Unidos para o vindeiro 7 de novembro.