Trachtenberg múda-se de Cloverfield ao Inexplorado

692

O director de 10 Cloverfield Lane, Dan Trachtenberg, será o encargado de adaptar ao cinema a franquía de videoxogos da Playstation Uncharted para a Sony Pictures.

O actor protagonista de Spider-Man, Tom Holland, interpreta ao famoso cazador de tesouros na súa primeira misión xunto ao rillote profesional Sullivan. Trachtenberg sustitúe neste posto a Shawn Levy, cuxa axenda de traballo non lle permitiu ocupar-se deste proxecto.

Jonathan Rosenberg e Mark Walker escribiron o guión, que producirán Charles Roven, Alex Gartner e Ari e Avi Arad. O obxectivo é comezar a rodaxe antes do fin deste ano.

Trachtenberg conta con experiéncia no eido da adaptación de videoxogos ás pantallas, porque xa foi o director da célebre curta Portal: No Escape baseada na franquía homónima. Ademais, estivo vencellado á fallida versión para o cinema do cómic Y: The Last Man, e dirixiu para a televisión Black Mirror: Playtest e mais o episódio piloto da vindeira série da Amazon The Boys.