Jason Reitman, cuxo pai Ivan dirixiu as dúas primeiras entregas da franquía de Ghostbusters, será o encargado de dirixir a seguinte nova película da mesma saga para a Sony Pictures.
Seica Reitman escribiu un guión xunto a Gil Kenan e planea rodar a película este verán para poder estrear no ano 2020. As novas indican que o filme sería unha continuación das dúas orixinais e que non tería conexión co relanzamento de 2016.
Outras fontes engaden algunhas declracións de Reitman: “Sempre pensei de min mesmo coma o primeiro fan de Ghostbusters, cando vistei con seis anos os decorados. Eu quería facer unha película para todos os outros fans. Este é o seguinte capítulo da franquía orixinal. Non é un relanzamento. O que aconteceu nos anos 80, aconteceu nos 80, e isto está ambientado nos nosos tempos“.
Polo de agora non está claro se algún dos membros do reparto orixinal podería regresar, xa que o argumento é un segredo. Reitman dixo que “hai unha chea de marabillosas sorpresas e novos persoaxes para atopar polo público” e que teremos mais detalles ao longo dos vindeiros meses.
A compañía de Ivan Reitman, a Montecito Pictures, producirá o filme, no que suporá a entrega do facho á nova xeración. O filme será a primeira longametraxe do xoven Reitman.
A Sony en todo caso está xa a desenvolver unha versión en debuxos animados dos Cazapantasmas, pero ese proxecto conta cunha equipa creativa diferente.