Collette e Kendrick, contra o polizón a Marte

252

A actriz australiana nominada a un Oscar Toni Collette (Hereditary) protagonizará xunto a Anna Kendrick (Twilight) o vindeiro thriller de ciéncia-ficción Stowaway.

A história vai sobre unha misión que se dirixe a Marte, onde un polizón causa accidentalmente graves danos aos sistemas de suporte vital da nave espacial. Afrontando unha merma dos recursos e un posíbel fatal desenlace, a investigadora médica (Kendrick) será a única voz que se opoña á fría lóxica da comandante (Collette) e do biólogo da nave, que esixen botar fóra ao intruso.

O ex-youtuber Joe Penna será o director deste filme, que el mesmo co-escribiu xunto a Ryan Morrison. A parella xa colaborara con anterioridade no thriller de supervivéncia Arctic con Mads Mikkelsen e que se estreará nos cinemas o mes que ven.