Anne Hathaway, a primeira bruxa

218

A gañadora dun Oscar Anne Hathaway ven de se facer co papel da Grande Bruxa Superiora na vindeira adaptación ao cinema que está a preparar Robert Zemeckis da obra de Roald Dahl The Witches para a Warner Bros. Pictures.

Baseada na novela de 1973, a história vai sobre un neno de sete anos que ten unha algarada cun grupo de auténticas bruxas. O libro xa foi adaptada anteriormente en 1990 con Anjelica Huston no papel da meiga principal. Esta nova versión muda o escenário e mais a época até o sul profundo dos Estados Unidos durante a era de vixéncia das leis “Jim Crow” (as leis racistas americanas posteriores á Guerra Civil).

Zemeckis é o director, produtor e guionista desta adaptación xunto a Jack Rapke, Alfonso Cuarén e Guillermo del Toro coma coprodutores.