O regreso á tele de Steve Carell

Após da súa despedida da série The Office, non víamos aparecer a Steve Carell nas pantallas da tele. Agora anúncia o seu regreso grazas á nova série da Netflix Space Force.

A comédia reunirá a Carell co creador de The Office Greg Daniels, e xa conta co visto bó para o desenvolvimento dunha primeira tempada. O seu argumento xirará ao redor do grupo de xente que debe crear a nova sexta póla do exército americano: a “Forza Espacial”, seguindo os desexos expresados polo presidente Trump o ano pasado.

Carell e Daniels co-crearon a série e serán os produtores executivos xunto a Howard Klein. Ainda que a primeira tempada xa está aprobada, non se sabe polo de agora con cantos episódios contará porque os guións ainda non se remataron de escribir.

O anúncio oficial que a Netflix fai da série.