O primeiro filme de superheroes nominado á Millor Película

1073

Hoxe, dez anos despois de que o filme The Dark Knight obrigara á Académia de Cinema a deixar de considerar “para nenos” o cinema fantástico baseado en heroes dos cómics, un filme de superheroes foi por fin nominado ao Oscar á millor película: Black Panther.

En 2008 o esquecemento de The Dark Knight foi calificado coma grave erro e mesmo coma aldraxe, pero hoxe o que é considerado “arte de verdade” por un grupo de críticos e directores de elite xa non ten o mesmo peso. O que aconteceu daquela xa non se pode reparar, pero xa ía sendo hora de que ese desprezo amosado a grandes obras de arte coma Inception, Up, District 9 ou Skyfall deixase lugar ao recoñecemento a un traballo ben feito, veña de onde veña.

Black Panther recolle asemade sete nominacións, ficando só por atrás da grande favorita, a mexicana Roma. E xunto á candidatura de millor película, están as de millor vestiário, banda sonora orixina, canzón (All The Stars), produción, edición de són, són e efectos especiais.

Por atrás e tamén representando ao xénero fantástico temos a Incredibles 2, Mirai, Ralph Breaks the Internet e Spider-Man: Into the Spider-Verse coma nominados ao millor filme de debuxos animados. En deseño de vestiário está Mary Poppins Returns, que cun total de catro nominacións tamén aparece nas categoráis de millor banda sonora, millor canzón por The Place Where Lost Things Go e Deseño de Produción. E no Oscar aos millores efectos especiais temos a Avengers: Infinity War, Ready Player One e Solo: A Star Wars Story.