The Lost Boys

137

The Lost BoysA canle The CW anunciou que por fin lle dá luz verde a unha cobizosa série que versionará a comédia de terror de culto The Lost Boys que dirixiu Joel Schumacher en 1987, e que será producida pola Gulfstream TV e mais a Warner Bros. Television. Rodará-se un episódio piloto baseado nunha versión de Heather Mitchell (Scandal), pero iso é todo o que se sabe polo de agora. Anteriormente, o creador de Veronica Mars e iZombie, Rob Thomas, tiña a ideia de facer tempadas que cobrirían dez anos cada unha.