Sandra Bullock e a Netflix xuntos de novo

162

Após do seu éxito co filme Bird Box, Sandra Bullock e mais a Netflix volverán unir as súas forzas, esta vez para adaptar Reborn, a série de cómics da Millarworld baixo a dirección de Chris McKay (The LEGO Batman Movie).

Mark Millar (Kick-Ass) e Greg Capullo (Spawn) crearon o cómic, que vai sobre unha muller chamada Bonnie Black e que tras morrer nun hospital de Manhattan atópa-se renacida en Adystria, a terra da vida eterna canda a súa família e amigos, pero tamén con monstros, dragóns e unha guerra sen fin entre as forzas do ben e do mal.

Cando se decata de que o seu home non está entre eles, decíde-se a partir con seu pai e mais unha espada para atopa-lo nalgures nas zonas de batalla. Bullock, Roy Lee e Miri Yoon serán os produtores, e a mesma Bullock será probábelmente a protagonista.

A Netflix xa encargou no pasado moitas adaptacións da editorial de Millar, a Millarworld, incluíndo Jupiter’s Legacy, American Jesus ou Empress. Entre as obras orixinais de Millar xa estreadas no cinema ou na televisión están Kingsman, Kick-Ass e Wanted.