Resident Evil terá série de seu

720

A Netflix ten plans para levar ás nosas pantallas a série de videoxogos Resident Evil da Capcom. A Constantin Film, responsábel das prévias adaptacións ao cinema, está atrás desta iniciativa, que está arestora á procura dun showrunner.

A série terá o selo de orixinal da Netflix e manterá a premisa básica dos videoxogos, explorando as sinistras consecuéncias dos traballos da Umbrella Corporation e o novo orde mundial causado pola epidémia do Virus T. Baixo este argumento xa se produciron seis filmes para o cinema, que conxuntamente supuxeron unha recadación de 1.200 millóns de dólares en todo o mundo.

Entre os plans da Constantin está tamén o relanzamento en clave de terror da mesma prodpiedade. O director Johannes Roberts chegou a bordo do proxecto o mes pasado. O tón da série de televisión polo de agora non se sabe cal será.