Matt Smith no reparto de Morbius

158

O actor inglés Matt Smith (o undécimo Doutor Who) está a pechar os derradeiros flecos do contrato polo que se converterá no terceiro protagonista do vindeiro filme da Sony Morbius, un spin-off da saga de Spiderman que xa conta con Jared Leto e Adria Arjona no seu reparto. O proxecto é xa o segundo spin-off de Spider-Man que presenta a Sony, após de que se estrea-se o ano pasado Venom.

Daniel Espinosa é o director deste filme que vai sobre o famoso bioquímico Michael Morbius, quen intenta atopar unha cura para unha enfermidade mortal do sangue, pero no proceso inxécta-se a si mesmo cun sóro derivado dos vampiros.

Isto transfórma-o no antiheroe Morbius, un superheroe que ten todos os pdoeres dun vampiro, incluíndo o seu gusto polo sangue humano. Polo de agora non se sabe o papel que fará Smith neste argumento, pero si que será ún dos mais salientábeis no filme.

Burk Sharpless e Matt Sazama co-escribiron o guión, que producen Avi Arad e Matt Tolmach xunto a Lucas Foster. A Smith mentres tanto poderémo-lo ver axiña no cinema en Star Wars: Episode IX.