A compañía produtora de F. Gary Gray (o director de Men in Black: International), a Fenix Studios, ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema o videoxogo de ciéncia-ficción Echo.
O protagonista do videoxogo é En, unha rapaza que chega a un enorme e misterioso antigo palácio branco, agocho nas profundidades do espazo e que ainda está a agardar aos seus primeiros ocupantes humáns. Mentres En agarda poder usar tecnoloxías esquecidas hai moito para devolver a vida a algo que non a debería ter perdido, ve-se enfrontada a cópias de si mesma, chamdas Ecos, que xera o palácio. As cópias usan-a e a estudan para voltar as súas accións contra ela.
Gray producirá o filme a partir dun guión do escritor de John Wick, Derek Kolstad.