A série de Chucky chega á Syfy

131

A canle Syfy e mais o guionista e director Don Mancini van-se asociar para realizaren Chucky, a versión para a pequena pantalla da popular franquía do boneco diabólico de Child’s Play.

Antes de que a SyFy se fixera cos dereitos, organizára-se unha auténtica batalla por se facer cos mesmos entre distintas canles que desexaban ser a primeira en facer a versión para a televisión desta saga de terror. Mancini, que escribiu a franquía orixinal, será o guionista desta série.

Nunha entrevista, Mancini dixo: “a série será unha versión fresca da franquía, que nos permitirá explorar o persoaxe de Chucky cunha profundidade que só permite o formato de série de televisión, mentres que ao mesmo tempo ficará fiel á visión orixinal que aterrou ao público ao longo de xa tres décadas“.

Mancini, que será ademais o produtor executivo, é o autor das sete entregas do persoaxe na pantalla grande, pero nombergantes non está vencellado ao remake que chegará ás salas de cinema este verán.