James Gunn pása-se ao outro bando

128

O realizador James Gunn, que após duns polémicos chíos no Twitter foi despedido en xullo da franquía da Marvel Guardians of the Galaxy que axudou a crear, está agora en negociacións para se pasar ao outro bando do mundo do cómic, ao da DC, e dirixir a secuela de Suicide Squad para a Warner Bros. Pictures.

O movemento non é algo inesperado, porque Gunn xa tiña o encargo de escribir o guión desta equipa de superfalcatruáns e antiheroes da DC para un filme que se estreará en agosto de 2021. O que si se confirma agora é que o filme, que polo de agora leva o título provisório de The Suicide Squad, será o seu vindeiro proxecto coma director e contará asemade coa súa pegada dun xeito mais salientábel.

Os rumores din que a película sería moito mais un relanzamento ca unha secuela da primeira parte, porque os plans de Gunn son levar á franquía nunha nova dirección cunha nova equipa de persoaxes e actores. Se iso deixaría fóra a Will Smith, Margot Robbie, Jared Leto e Jai Courtney ou non, non está confirmado.

Os produtores en todo caso serán Charles Roven e Peter Safran.