O regreso do profesor Quatermass

133

David Farr, responsábel de filmes coma The Night Manager e Hanna, escribirá o guión dunha nova película que tentará resucitar a clásica franquía de Quatermass para a Legendary Entertainment e mais a Hammer Films.

Esta saga de ciéncia-ficción inglesa naceu na canle BBC en 1953 e após do seu éxito encargáron-se dúas secuelas, emitidas en 1955 e 1957. A franquía deu o seu chimpo ao cinema grazas á Hammer con tres filmes: The Quatermass Xperiment, Quatermass 2 e Quatermass and the Pit. En 1979 houbo un revival na canle Thames Television, e finalmente a BBC Four produciu a que até agora é a derradeira entrega, en 2005.

O seu protagonista é o profesor Bernard Quatermass, un científico que debe enfrontar-se contra malvadas forzas alieníxenas que tentan destruír o noso planeta e que moitos consideran un precursor do Doutor Who, en cuxa série o profesor é mencionado moitas veces. Ao longo do tempo, foi interpretado por Reginald Tate, Brian Donlevy, John Robinson, André Morell, Andrew Keir, John Mills e Jason Flemyng.

Simon Oakes (Let Me In, The Woman in Black) será o produtor do novo filme.