Kosinski regresa con Spiderhead

170

No que suporá o seu regreso á ciéncia-ficción, o director de TRON: Legacy e Oblivion, Joseph Kosinski, ven de ser contratado para se encargar de adaptar ao cinema o conto Spiderhead, orixinal de George Saunders, para a Netflix.

Os guionistas de Deadpool e Zombieland Rhett Reese e Paul Wernick escribirán o libreto da longametraxe, que se converterá no seguinte proxecto de Kosinski en canto remate o seu actual traballo de post-produción en Top Gun: Maverick.

A história está ambientada no futuro próximo, cando aos convitos de crimes se lles ofrece a posibilidade de seren voluntários en experimentos médicos a cámbio de acurtar as súas senténcias. Un destes criminosos acepta participar e toma uns fármacos que lle xeneran sentimentos de amor, o que lle fará cuestionar-se a realidade das súas emocións e tentar descobrir a verdade.

Reese, Wernick, Jeremy Steckler e Eric Newman serán os produtores.