O Derradeiro Home comeza a produción

157

Nunha presentación para a prensa o pasado luns perante a Asociación de Críticos de Televisión, a canle FX anunciou que por fin lle deu o visto bó ao comezo da produción da agardada adaptación para a pequena pantalla do cómic de ciéncia-ficción post-apocalíptico Y: The Last Man, orixinal de Brian K. Vaughan e Pia Guerra e publicado pola editorial Vertigo entre 2002 e 2008.

Barry Keoghan interpretará ao protagonista, Yorick Brown, quen xunto ao seu mono Ampersand, son os únicos supervivintes masculinos dun androcídio, unha vaga que deixou ao planeta Terra sen un só portador do cromosoma Y. A série recebiu tres prémios Eisner.

En 2011 realizou-se en Portugal unha adaptación informal da novela gráfica por Luís Lobo e Bruno Telésforo coma curta independente coa produción da Universidade Lusófona. A fita presentou-se a concurso no festival Fantasporto.

Diane Lane, Imogen Poots e Lashana Lynch serán as coprotagonistas dunha série que non verá a luz até o ano que ven. O episódio piloto será dirixido por Melina Matsoukas.