Leopardo negro, lobo vermello

136

Coma parte do seu recente acordo de primeiro lance asinado o mes pasado entre Michael B. Jordan e mais a Warner Bros. Pictures, esta última ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema a novela fantástica de Marlon James Black Leopard, Red Wolf que foi publicada esta semana.

A história, continuación de A Brief History of Seven Killings, narra unha rica tradición da mitoloxía africana, con fantasías e histórias que imaxinan un mundo antigo, un neno perdido, un extraordinário cazador, un mistério e demasiadas preguntas. O protagonista é un home chamado Tracker, e o conto inclúe xigantes, necromantes, meigas e metamorfos.

Jordan producirá a adaptación a través do seu selo Outlier Society. Polo de agora non hai guionistas vencellados ao proxecto, que contará con James coma produtor executivo.