A psiquiatra dos superheroes

615

O cómic Shrink, orixinal do mesmo creador de Deadpool, Rob Liefeld, será adaptado a unha longametraxe pola Sony Pictures.

A história, que se describe coma unha reviravolta da comédia de 1999 Analyze This pero cun tón de acción calificada para maiores, é unha versión humorística e subversiva dos superheroes. A propriedade comezou coma webcómic en 2001.

O personaxe principal é a doutora Jessica Powers, unha psiquiatra forte, intelixente e intuitiva que tenta axudar cos problemas mentais dos superheroes, quen adoitan levar vidas grandes e complicadas, e que ven á doutora coma a outra superheroína mais.

Glenn Ficarra e John Requa escribiron o guión hai xa case vinte anos, pero ainda que espertara o seu interese xa en 2000, a Sony non se fixo cos dereitos até hai pouco, cando estaban por caducar. Liefeld confirmou as novas no seu Instagram: “este é un proxecto superdivertido“.

O proxecto contará coa produción de Liefeld, Adam Fields e Doug Belgrad.