O derradeiro humán e o apocalipse robótico

670

Os produtores do filme de debuxos animados que está a causar mais sensación nestes intres, Spider-Man: Into the Spider-Verse, Phil Lord e Chris Miller, veñen de se vencellar a outro proxecto, The Last Human, unha adaptación ao cinema do libro homónimo para nenos do escritor Lee Bacon, o responsábel da triloxía de Joshua Dredd, e que non aparecerá até outubro deste ano.

A história está ambientada despois do apocalipse robótico, cando os seres humáns levan extintos trinta anos. Un dúa o robot neno de 12 anos XR_935 descobre un ser humán, unha nena chamada Emma, quen tamén ten 12 anos coma el pero que pasou toda a súa vida baixo terra nun búnquer agochándo-se das máquinas.

Emma e mais XR crean unha amizade pouco común, e coa axuda doutros dous compañeiros robóticos, embárcan-se nunha perigosa viaxe na procura dun misterioso punto nun mapa. O guionista de Shazam!, Henry Gayden, comprometeu-se a escribir o guión e seica xa hai vários estudos interesados en producir a película, coa Sony entre os primeiros da lista.