A Foxa, o regreso dos monstros de Aquaman

162

A Warner Bros. Pictures contratou aos guionistas Noah Gardner e Aidan Fitzgerald para que escriban o libreto de The Trench, un filme de terror centrado nas maléficas creaturas anfíbias que aparecen no recente éxito da DC Aquaman.

As creaturas, creadas en 2011 por Geoff Johns, seica son parte do reino de Atlantis. Cando este se afundiu, os seus habitantes foron aillados do resto da humanidade e evolucionaron até se converteren en espantosos monstros, que moitos asócian cos Profundos lovecraftiáns.

A história estará ambientada no reino da Foxa (Trench, en inglés) e non incluirá ao reparto principal de Aquaman. James Wan e Peter Safran serán os produtores do proxecto, que planea contar cun orzamento mais modesto có dos habituais filmes de superheroes da DC.

Polo de agora ainda non hai conversas verbo dunha secuela de Aquaman, dado que tanto o seu director James Wan coma o protagonista Jason Momoa queren tomar-se un descanso, ainda que ninguén dubida que haberá unha segunda parte de seguro.