Hivemind, a compañía produtora responsábel das adaptacións para a tele de The Expanse e da vindeira The Witcher, encargará-se doutra versión, neste caso do da série de cómics Weird Fantasy, para faceren unha série antolóxica.
A nova série tomará prestados aos persoaxes e narracións do título orixinal da EC Comics, unha série antolóxica de fantasía e ciéncia-ficción de comezos dos anos 50. Ao longo de 22 números, que remataron en 1953, Weird Fantasy nunca dubidou en presentar aos seus leitores temas controvertidos na súa época, coma o racismo ou o medo á guerra nuclear.
Entre os seus lendários creadores atópan-se nomes senlleiros do mundo do cómic coma Al Williamson, Frank Frazetta, Joe Orlando, Wally Wood ou Harvey Kurtzman.