Os derradeiros fillos de América

720

O protagonista de Game of Thrones Peter Dinklage, o director de Dawn of the Planet of the Apes Matt Reeves e mais a Netflix unirán as súas forzas para faceren unha adaptación ao cinema do cómic da editorial Boom! Studios Last Sons Of America.

Phillip Kennedy Johnson e Matthew Dow Smith crearon a obra orixinal, ambientada nun futuro non demasiado afastado onde os americáns non poden concebir e os nenos convérten-se nunha mercadoría moi valiosa en todo o mundo.

Dinklage interpretará a ún dos dous irmáns que operan coma axentes de adopcións en Colómbia, asegurando acordos coas famílias que desexan entregar aos seus fillos para que vivan o que supostamente será unha vida moito millor nos Estados Unidos. Pero cando se atopen contra a espada e a parede, un grave erro os conducirá cara a un escuro mistério que se agocha na raíz do actual estatus do seu mundo.

Josh Mond (James White) será o director e guionista. O resto do reparto está arestora ainda en discusión. Os produtores serán Reeves e mais Adam Kassan.