Frank Coraci no relanzamento de Sinbad

463

O director especializado en comédias Frank Coraci (The Ridiculous 6) será o máximo responsábel de tentar relanzar a clásica franquía de Sindbad con The Legend Of Sinbad para a Millennium Entertainment e a Eagle Films.

O filme baseará-se no lendário persoaxe das Mil e Unha Noites, un mariño que ao longo de sete viaxes ao redor das costas de África e mais o sul de Ásia vivirá espectaculares aventuras, nas que atopa monstros, máxia e moitos seres fantásticos.

Agárda-se que o filme teña un reparto cheo de actores procedentes do Oriente Médio, incluíndo tamén ao seu protagonista. O guionista do relanzamento de Hellboy, Andrew Cosby, escribirá o libreto do filme xunto a Hank Woon.

Yariv Lerner, Lloyd Levin, Les Weldon e Jamal Sannan serán os produtores. A rodaxe comezará en outono, após da localización de paisaxes que está a ter lugar arestora.