As vidas pasadas de Chris Evans

386

O actor que dá vida ao emblemático Capitán América, Chris Evans, está a negociar a súa participación en Infinite, un filme de Antoine Fuqua para a Paramount Pictures.

A história está baseada na novela The Reincarnationist Papers de D. Eric Maikranz, e vai sobre un home esquizofrénico que se atopa cunha sociedade secreta de centos de anos de antigüidade, os Cognomina, composta por xente que posúe o poder de relembrar perfectamente as súas vidas pasadas. Grazas ao que saben, os seus membros adícan-se a cambiar o decurso da história.

Para poderen deter a un malvado criminal que quere destruír o planeta, o grupo deberá confiar no protagonista, quen descubre que os seus vívidos soños, que el coidaba eran froito da súa enfermidade, son en realidade memórias das súas anteriores dúas vidas.

John Lee Hancock e mais Ian Shorr adaptaron a novela ao guión, que producirán Lorenzo di Bonaventura, John Zaozirny e Mark Vahradian. O proxecto conta con alta prioridade e comezará a rodaxe a finais deste ano.