A Warner Bros. Animation e mais a Warner Home Entertainment van colaborar xunto á DC Entertainment e mais a Nickelodeon para faceren un filme de debuxos animados que levará por título Batman vs. Teenage Mutant Ninja Turtles.
O proxecto estará baseado na minisérie de cómics orixinais de James Tynion IV e Freddie William II publicada pola IDW que combina as dúas franquías: Batman e mais as Tartarugas Mutantes Ninjas. A história vai de como as Tartarugas coñecen a Batman por primeira vez grazas a un encontro transdimensional, e como deciden aliar-se para loitar contra a galería de mortais inimigos de Batman.
O reparto das voces incluirá a Troy Baker coma Batman e o Joker, Tara Strong, Rachel Bloom, John DiMaggio, Tom Kenny, Cas Anvar e Carlos Alazraqui nos papéis dos persoaxes do mundo de Batman, e a Darren Criss, Kyle Mooney, Baron Vaughn e Eric Bauza coma as catro tartarugas mutantes. Os falcatruáns que aparecerán serán, entre outros, Mr. Freeze, o Pingüín, Ra’s al Ghul, Bane, Harley Quinn e Poison Ivy. Batgirl tamén será unha das estrelas convidadas.
Agárda-se que o filme sexa estreado esta mesma primavera.