O realizador Andrew Bernstein (a quen estamos a seguir últimamente con Umbrella Academy) será o encargado de dirixir vários episódios da vindeira série sobrenatural da canle HBO, The Outsider, baseada na novela homónima de Stephen King.
A história vai sobre unha investigación, aparentemente sinxela, verbo do espantoso asasinato dun rapaz nunha pequena vila de Oklahoma. Ainda que o culpábel semella estar moi claro, un veterán policía e mais un investigador pouco ortodoxo comezan a se preguntar se o que todo o mundo acredita é real, mentres unha misteriosa forza sobrenatural comeza a se facer mais e mais evidente no caso.
Bernstein será ademais o produtor executivo da série, que contará con dez episódios protagonizados por Ben Mendelsohn, Cynthia Erivo, Bill Camp, Paddy Considine, Mare Winningham e Hettienne Park. Richard Price (The Night Of) será o encargado de escribir a adaptación da novela ao guión. Jason Bateman dirixirá os dous primeiros episódios.