Tes medo da escuridade?

153

Xunto á película que chegará ás salas de cinema o 4 de outubro, a clásica série de terror da Nickelodeon Are You Afraid of the Dark tamén regresará á pequena pantalla a finais deste mesmo ano. A canle está a planear unha minisérie que quere utilizar coma introdución para o filme.

A série orixinal, unha antoloxía canadiana de terror e fantasía, fora emitida en dúas tandas: primeiro dende 1990 a 1996, e logo dende 1999 a 2000, e nela un grupo de rapaces chamados “Sociedade da Medianoite” (The Midnight Society) axuntában-se ao redor dunha fogueira no bosque mentres ún deles contaba unha história de medo. A nova minisérie chegará o 20 de outubro e presentará aos novos membros da Sociedade.

A minisérie quere coincidir coa longametraxe producida pola Paramount Pictures, a Paramount Players e mais a Nickelodeon Movies que se estreará tan só unhas semanas antes. D.J. Caruso dirixe o filme a partir dun guión de Gary Dauberman e BenDavid Grabinski.